08/03/10

Marató de Barcelona 2010

Foto facilitada por Antonio Martínez

Comenzo esta crónica lembrándome dos tempos malos, das lesións e do que me empeñei hai un ano por recuperarme, despois de perderme a Vig-Bay e Mapoma do 2009 tiña como obxectivo esta marató e xa está feita : traballo cumprido.

Os Taninos de Ponteareas montámola boa en Barcelona. A primeira parte da expedición chegamos o venres pola tarde e unha vez instalados fomos a buscar os dorsais á feira do corredor. Alí había moitos stands de establecementos deportivos, revistas especializadas, doutros maratóns internacionais, etc. A bolsa do corredor era ben escasa: una camiseta técnica Mizuno, un aquarius, un boligrafo, a propia bolsa e moita moitísima publicidade.

Tras descartar a nosa participación na "breakfast rum" por que non permitía a entrada no estadio olímpico ( razón pola que me ilusionaba esta carreira), e despois de facer unha mega compra para o apartamento, fomos a correr pola montaña de Monjuit e case nos perdemos, se nos descoidamos un pouco máis apareceríamos en Llobregat!.

A mañán do sábado dedicámola a facer turismo polo centro da cidade en compañía de Fernando Abreu membro do CARMA e con quen xa coincidíramos no avión de ida, e con quen comparto amistade dende os tempos da EXB.
Este paseíño non me sentaría moi ben xa que pola tardiña tiña un xemelgo cargado o que me fixo preocuparme máis da conta.
Para comer volvimos á feira do corredor onde quedáramos con Dani Bargiela e Luisa para comer na Pasta Party rodeados de corredores de diversas nacionalidades. O café tomámolo no apartamento que distaba da Praza de Espanya non máis de cincocentos metros. Xa pola tarde chegou a segunda parte de expedición : Rama e Victor e despois de ir buscalos tocaba descanso e os primeiros preparativos para a carreira: chip e dorsal listos. Antes de cear saimos para ir a tomar un refresco con outro colega de Ponteareas ( Gamote) que se aloxaba nun hotel próximo.

Dia D.

Erguímonos ben cedo : ás 6:00 horas. Máis dun queixábase de ter durmido ben pouco. De min chegaroan a decir que estaba como unha moto de nervioso, pode ser non o vou negar, deben ser cousas da "alta competición". Tralo almorzo e os derradeiros preparativos, saímos cara a Praza de Espanya onde quedáramos con Dani Bargiela, Luisa, Gamote e os do CARMA. Tras facernos as fotos de rigor cada quen foi para o seu caixón de saída, que estaban asignados polas cores nos dorsais.
No primeiro caixón entramos Bargiela, Edu máis eu. Sentíame moi estrano estar en tal sitio, rodeado de xente que aparentaba correr moito, dábame reparo estar alí. Na espera da saída presentóusenos José Antonio Martínez con quen teño comentado a través dos nosos respectivos blogs, non se atopaba moi animado pero ao final sairíalle unha carreira moi boa.

Ás 8:30 deuse a saída. Saín acompañado de Edu, iamos cómodos e pasamos o primero Km en 4'03'' polo que baixamos o ritmo e deixamos que nos atrapara o globo das 3 horas. Ao chegarmos ao Camp Nou (Km. 3) comprobamos que as lebres van máis rápido do debido e deixámonos ir detrás e así fomos ata o segundo paso polo Camp Nou onde os sobrepasamos. Eu ia moi cómodo. O paso pola praza de Espanya foi espectacular, moita animación por parte dos familiares vidos de todas partes, sobre todo gustoume como animan os nórdicos co seu berro de "hop hop "como nos slalons de esquí. De paso ía facendolle de guía turístico ao meu compañeiro e comentándolle os edificios emblemáticos por onde pasabamos ( Casa Batlló, A Pedrera, A Sagrada Famila, a Ponte de Calatrava,etc).

Volvendo á carreira fomos por riba das miñas previsións ata a media maratón por onde pasamos en 1:28:10 sempre en compañía de Edu que se empeñaba en buscar grupos que nos levaran a bo ritmo, mentras eu buscaba un ritmo que me fose cómodo sen ter en conta os grupos. Aquí cruzámonos con Rama que levaba xa detrás a Gamote. Se fose por Edu teriamos pasado a media por debaixo de 1:28:00, menos mal que eu lle servía de freo.

Xa no km. 25 entramos na diagonal cara a Torre Agbar aquí puidemos cruzarnos con Bargiela que xa ía polo km. 30, e neste punto atopeime mellor, de feito púxenme diante do grupo que conseguiramos alcanzar sorprendedo ao meu compañeiro que agora non quería deixar o grupo.
No 30 Edu empezou a cantar vitoria, estaba moi contento coa carreira que levabamos que si onde estba o muro que si agora desfrutar... pero eu sabía que en calquera momento pode pasar algo e así foi. Xusto no 34 a Edu súbeselle un isquio e ten que parar eu sigo só e alcanzame un corredor galego que me sauda e anima, trato de seguilo e o conseguín ata o 38 aí noto que se me poden cargar os xemelgos e fago cálculos do ritmo que levo e dos kms que restan, o obxectivo estaba case cumprido, se forzaba podía rachar e escarallalo todo por iso levanto o pé e déixome ir xusto cando atravesamos a Catedral e un grupo de rock estaba tocando un tema cañeiro que co esforzo non fun capaz de reter, só sei que é dos temas que me gustan e que me deu un pico de adrenalina.

No 39 sorpresa!, Edu supérame cun sorriso nos beizos e animándome, o primero pensamento foi de ledicia pois o cría retirado ou arrastrado polo asfalto, o segundo de incredulidade, este tí0 meteuse algo para ir así pensei. Non quero seguilo aínda que se empeñe. Non quero fastidiala agora que falta tan pouco. Sigoo coa mirada e non se me vai máis de 40 ou 50 metros. Cando anuncian polos altofalantes de animación que quedan 1.5 km. subo o ritmo e consigo alcanzar a Edu en pouco máis de 200 metros, agora é el o que sufre para seguirme. A dúbida é deixalo ou entrar xuntos e opto polo segundo, os dous non estamos para bromas e despois de facer case toda a carreria xuntos non iamos a estropealo agora ( aínda que sempre me quedará a dúbida de que pasaría se o caso fora á inversa jeje).

Nos derradeiros metros adiántanos José Antonio erguendo unha bandeira republicana :) e animándonos. A entrada en meta dáme un subidón e case me domina a emoción. entramos co mesmo tempo Edu e un servidor. Tempo final 2 horas 57 minutos 27 segundos.

Xa entregado o chip atopámonos no lugar convido con Luisa que nos gardaba a roupa, cando entrou Rama (3h. 12' 54'') cambiouse e agardou polo resto dos taninos mentres nós iamos a ducharnos. Xa no piso recibimos aos demais moi sorrintes por cumprir os seus obxectivos.

Victor : 3h. 35' 28''
Robert: 3h. 37 '52''
Anxo: 3h. 49' 20''

Os nosos tempos ( hai que consultalos polo nome ou apelidos). Aquí tamén se poden ver os videos e as fotos da organización.

Consecuencias do esforzo unhas maniotas bestiais que me impidiron facer vida normal ata o mércores.
A valoración final da Marató gana e por goleada á de Madrid, moita máis xente correndo e animando, máis animación , mellor percorrido,moi boa organización... Se tivese que escoller para repetir escollería Barcelona e non a Mapoma, pero antes terei que probar noutras cidades, será por maratóns!!!

Deixo aquí as fotos que vou recolectando sobre este evento:
Marató Barcelona 2010



Xa na viaxe de volta e escapando da neve coincidimos con outros maratonianos entre os que se atopaba o alma mater na Vig-Bay con quen puidemos compartir as vivencias da Marató e comentar de paso a vindeira edición desta media maratón que por certo, será o meu seguinte obxectivo ( ademais da carreira do CUVI) e que empezarei a preparar cando me recupere do esforzo da marató . Empezo a recuperación no ximnasio con bicicleta e elíptica para na fin de semana sair a trotar.

Saúde e quilómetros!!!

8 comentarios:

Anxo F. Saborido dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Fernando dixo...

Eu tamén estiven rebentado o Lúns e sobre todo o Martes. O Mércores fun nadar e alí non había molestias. Hoxe vou ao fisio e estes días algo de bici e mais natación.

Parabéns novamente por todo o teu traballo e os resultados. Eu xa estou animado a ir por un plan mais ambicioso para New York.

Vémonos no CUVI e na Vig-Bay.
Un prazer compartir estes dias en Barcelona cos Taninos.

Carlos Sousa dixo...

Noraboa "machiños", Eu só de pensalo xa me doen as pernas, a cabeza, a alma... todo!
Saúde e máis quilómetros nun futuro.

Antonio Martínez dixo...

Magnífica crónica. Case dan gañas de volver correr axiña. Parabéns.

dani´s (lesionau) dixo...

Esto si que son tiempazos y no los de Chema Martínez y compañía...
Enhorabuena y a descansar que pronto tendremos otro reto maratoniano.
Nos vemos pronto en la carretera!!!

Agüita dixo...

Buena cronica, si señor, y mejor tiempo aun, la mia en el blog del CARMA.
Tengo pendiente pasarte las fotos de barcelona.
Te aviso cuando las tenga colgadas.
un saludo

Beauvais dixo...

Moi boa crónica meu. De novo felicidades para ti e o resto dos Tanino. Tamén felicita a Bargiela (ao millor non se da conta de quen son. Dille co que falou na caixa do Carrefour de Teis sobre maratóns alá polo mes de outubro).
Vémonos

David dixo...

Joder Jose, ya no se si eres mejor maratoniano que cronista o viceversa.

De todas formas eres un ejemplo a seguir por tu constancia y sacrificio.

Nos vemos en el asfalto