21/02/10

Restan dúas semanas.Visitas inesperadas.

A falta de quince días para a Marató, esta semana recibín dúas visitas inesperadas: un catarro e unha "páxara".

O catarro fixo acto de presencia o mércores, cando despertei tiña dor de gorxa e partir de aí o catarro seguiu o seu proceso habitual en min: dor de gorxa, mocos e tose. Ata o de agora me tiña salvado dos catarros ( levo dende outubro tomando unhas pingas de esencia equinacea todos os días) pero non conseguín librarme desta vez pero tamén é certo que prefiro que em veña agora e non dentro dunha semana, así polo menos teño tempo para recuperarme.

A "páxara" chegoume na tirada longa do domingo. Dende o principio non me sentía ben, pensei que se debía ao tempo ( chuvia ) e ao terreo ( moi enlamado) pero cando levabamos corenta minutos comprobaba que o cansazo ía en aumento. As pulsacións non me subían e me quedaba en todas as subidiñas, ía fundido. A pesar desta sensación me propuxen rematar o adestramento. E así o fixen, costoume ferro e fariña facer 22 Km. para os que necesitei 1h. 52':00''. As causas deste desfalecemento poden ser varias : pouco descanso, o mesmo catarro que me acompaña, deficiente alimentación... ou todo xunto. Non lle vou dar máis voltas, agora teño dúas semanas para recuperarme estar a tope en Barcelona.

No que respecta aos adestramentos desta semana cabe destacar as series de 400 do mércores (15x400) e as longas do venres ( 4x3000m.). As de 400 m. realizámolas entre 1':36'' e 1':11'' no meu caso, (Edu fixo a derradeira en 1':07''!!!). Para facer as de 3000m. contamos coa colaboración de Dani Bargiela quen nos axudou a rematar as series en 11':11'' despois de facer a primeira en 12':50'' a segunda en 12':20'' e a terceira en 12':06''. O martes e o venres rodaxes entre 60' e 70'.

Os taninos contaremos cun membro máis do equipo que se sumou a esta experiencia. Se ha dúas semans eer Fernando Rama o que se inscribía na Marató, agora foi Victor. Espero que todos poidamos estar na liña de saída o día 7. Por certo a hora de saída é as 8:30 horas e non ás 9:00 como é costume noutras maratóns, haberá que madrugar un pouquiño máis.

O vindeiro domingo 28 de febreiro nos desplazaremos ata a vila veciña do Porriño para participara na IV Interrunnig . No meu caso tomareina como un adestramento con xente xa que a miña idea é empezar a correr corenta e cinco minuntos antes da proba para así poder facer os 90' que temos no plan de adestramento.

Saúde e quilómetros.

9 comentarios:

Fernando dixo...

como ben sabes eu tamén teño 90´o Domingo e o meu plan e facer o mesmo que tes pensado ti. Rodar 45´antes da carreira e logo correr cómodo a proba. Supoño que esta semana tamén farás o test dos 2x6000. Xa te contarei como foi.

E para o catarro eu estou tomando Oscillococcinum, é un medicamento homeopático e toma unha dose cada semana e na da maratón fareino catro días. Para Berlín fixen o mesmo.

Coidate e vémonos o Domingo.

Antonio Martínez dixo...

Parabéns pola semana (tempos das series magníficos) A ver que tal nos vai na Marató: levo dez días case sen poder adestrar por molestías nun glúteo (parece que tras a quiropráctica van a menos).
Vémono en Barna.

Anxo F. Saborido dixo...

Xosiño non te me agobies...que total, estarás como unha moto, seguro!!
Non coma min que veremos se chego a rematar, jajajaja!!
Ala, vémonos mañá!

dani´s dixo...

COMUNICADO OFICIAL:

DESCARTADA MI PRESENCIA PARA LA MARATÓ POR PROBLEMAS FÍSICOS...
WHAT A PITY!!!


SAUKI (QUÉ IRONÍA)

LUIS DAVID dixo...

Dani, menuda putada con todo lo que habías trabajado¡ En fin esto es un gaje del oficio y sino que se lo pregunten a Tino.

Jose, venga que ya está ahí y a Edu no hace falta que le diga nada, total sólo oye lo que quiere oir..... (me refiero sólo al aspecto atlético)

Saúde e quilómetros¡

Xose Carrera dixo...

Para evitar o que lle pasou a Dani, cou tomar undía de descaso máis xa que dende o domingo pola tarde teño molestias no tibial anterior dereito e tras unha visita á fisiotetapeuta díxome que tiña unha leve sobrecarga.
Toca repouso pois.

Dani ánimos e a recuperarse!!.
Aos demais decirlles que Barcelona está aí, cabeciña!!!
Antonio Martínez espero coñecerte en persoa en Barcelona, estaremops en contacto.
Saúdos

Tino dixo...

Que alguen desenchufe a "neveira" de EDU, xaaaaaaaa!!!.

Sorte e ánimo.

Tino dixo...

Inaguro sección de CHISTES TANINOS.

- ¿Cual es el album de fotos preferido de EDU?

- El que tiene colgado en la nevera, porque allí estamos Dani, Rober, Tino, Sito, Antonio,...jajaja

Espero ver vuestras aportaciones a esta nueva sección.

Un abrazo a todos.

(Edu, va con cariño...)

Agüita dixo...

animo compañeiro, estos sonche dias de molestias, e dubidas; espero que te recuperes ben; sinto o dos teus compañeiros, e duro entrenar tanto e logo non poder ir a carreira pra que tanto traballaches, a min xa me ten pasado.
Un saudo e vemonos en Barcelona