24/02/10

A unha semana. De lesións e temporais.


Esta semana empezou mal, moi mal. Por unha banda a confirmación da lesión de Dani que lle impide presentarse na liña de saída desta Marató, despois de moito esforzo preparando esta carreira con moita ilusión e de loitar por recuperarse, o seu nocello dixo basta, unha tendosinovite deixouno fóra de xogo. Aquí vai o meu ánimo para unha pronta recuperación, lembra que temos unha conta pendente na costa do Vite.

Pola miña banda a semana tampouco empezou ben. Despois da tirada do domingo e xa pola tarde empecei a ter molestias no musculo tibial anterior dereito. Isto fíxome ter que visitar á fisioterapeuta dúas veces, ademais de ter que descansar máis do previsto e non facer unha proba ( 2x6000 m.) que pretendía comprobar se estou ou non preparado para afrontar o reto de baixar de 3 horas na Marató. Como decía esta proba non a fixen por precaución e substiuína por unha rodaxe de pouco máis de 11 Km. Ademais foi unha semana moi dura para adestrar pola metreoloxía tan adversa, había que pensalo moi ben antes de pórse as zapatillas e sair a correr co que choveu. Na fin de semana realicei os adestramentos previstos : 60' o sábado e 90' o domingo, se ben estes últimos pensaba realizalos na interruning do Porriño non foi posíbel polo, na miña opinión, exceso de celo por parte das autoridades autonómicas e municipais que tralo paso dunha cicloxénese explosiva ( con ese nome "acojona" a calquera) o sábado, entenderon que o domingo non se podía realizar ningunha actividade deportiva ao aire libre, cando as previsións metereolóxicas para o domingo eran favorábeis. Por iso os taninos reunímonos no lugar habitual para facer unha saída dominical a trote suave e estrear, no meu caso a nova camiseta do equipo que luciremos polas rúas de Barcelona ( non me gusta estrear roupa nen calzado nunha carreira e menos nun maratón).
Xa pensando na viaxe a Barcelona esta semana os adestramentos baixan de intensidade. O martes faremos unha rodaxe dunha hora e o mércores cinco series de mil metros para xa en Barcelona soltar pernas, seguramente o sábado pola mañán na chamada breakfast run , unha carreiriña que transcurre polos derradeiros quilómetros do maratón do XX.OO. Barcelona 92. O domigo é a proba a unha hora un tanto intempestiva: as 8:30. Deixo aquí un video que atopei na rede sobre a marató da pasada edición.

Video resumo marató 2009

O venres subiremos ao avión, xa está todo case ultimado para a viaxe. Chegar á liña de saída xa é un logro, agora tentaremos acadar os obxectivos deportivos. No meu caso pretendo, como xa comentei antes, baixar, aínda que sexa por un segundo, das tres horas. É un reto difícil pola marca en si e por que a carreira é tan longa que todo pode pasar. Espero dar boas noticias a vindeira semana.


Saúde e quilómetros!!

3 comentarios:

Beauvais dixo...

Moita sorte. Sobre todo que pasen as molestias. Esta semana de relax que o traballo xa o fixeches. Síntoo moito por Dani. Xa se sabe que as lesións son pior do deporte. Pasalo ben.

Anxo F. Saborido dixo...

Pero o peor de todo?? O tempo previsto...eu que me apuntei a Barcelona para correr con bo tempo...http://espanol.weather.com/weather/10day-SPXX0015?cm_ven=yahoo_es&cm_cat=citypage&cm_ite=weather&cm_pla=10day
Chao!

dani´s (lesionau) dixo...

Mucha suerte taninos y ánimo para los novatos que en unos días se convertirán en "taninos maratonianos".

sauki y buen viaje