02/12/08

Maratón de Donostia : 3 Horas 8 minutos e 46 segundos




Outra maratón para o peto e xa van dúas!!!

A historia desta carreira comenzou alá polo mes de agosto, e ao longo destas dezasete semanas fun dando conta, semana a semana, do traballo feito. Agora non toca voltar tan atrás pero si empezar a crónica coa vaixe a Donostia, ata alá viaxamos o venres pola mañán Edu e familia nun coche e David, Mónica e eu noutro. A pesar das predicións metereolóxicas que alertaban de problemas nas estradas, non tivemos ningún en todo o camiño, se ben, a neve empezaba a facer presencia nalgúns treitos do camiño.
Chegamos a media tarde e despois de facer posesión do apartamento que tiñamos alugado, Edu máis eu saímos a correr durante 40 min. polo paseo da Concha. Despois da ducha empezaron os meus problemas físico-mentais, atopábame raro ( en sentido xeral), así estiven ata o sábado, cando despois de ter recollido o dorsal e atoparnos con Roberto ( que sería o meu compañeiro na Maratón) nas instalacións do Estadio de Anoeta, empecei a analizar o que me podía estar pasando e foi aí cando me din conta de que estaba entrando nun estado de ansiedade que me estaba facendo plantexar non correr a Maratón, aí apareceu a miña salvación, comenteino con Edu e decidín comprar unha tableta de chocolate, santo remedio!!! paseime toda a tarde no piso descansando, vendo a tele e comendo chocolate!!, á mañá seguinte ( día da carreira ) estaba de novo listo para afrontar a carreria con plenas garantías.

Erguémonos ás 6 da mañán, almorzamos, charlamos, puxemos a roupa de tanino, cremas e a bolsa do lixo pola cabeza para mitigar o frío que había na rúa con 7º C as 8:30 hora na que saímos do piso, que estaba a pouco máis dun quilómetro da saída. Atopámonos con Roberto no lugar fixado o día anterior e despois de situarnos na liña saída, ás 9 en punto deuse a saída.

Como xa estaba establecido Edu saíu a un ritmo superior ao noso, enseguida o perdimos de vista. Nos primeiros km fomos a 4':20'', máis rápido do previsto e así pasamos pola media maratón (1 h. 30': 50'' ) e seguimos ata o km 24 onde decidimos baixar un pouco o ritmo por medo a pagar o esforzo despois. A pesar da mañán fría había bastante xente animando, sobre todo amigos e familiares dos corredores, que tentaban facernos menos dura a carreira, os berros de Aupa! Otxo Ondo! estaban presentes en toda a carreira. Nós contabamos tamén cunha pequena pero animosa afección, xa que as fillas de Edu e a súa muller Mónica ademais do tanino-animador David e Mónica animáronos ao longo dun circuíto, que ao dar varias pasadas pola mesma zona, permitía poder ver aos corredores varias veces.
Volvendo á carreira a partir do km. 24 máis o menos, baixamos o ritmo a 4':30'' . Atopábame cómodo, en ningún momento fun ao límite , pero a dúbida ao que podía pasar despois, fíxonos tomar a sabia decisión de baixar o ritmo. O circuíto permitía cruzarmos cos que ían por diante e por detrás por iso sempre que nos cruzabamos con Edu nos dabamos ánimos mutuamente e podiamos observar a "degradación" propia do cansanzo nos rostros dos corredores. Á hora de competición fixo acto de presencia a chuvia, que nas zonas próximas ao mar, xunto co vento dificultaban a marcha. No km 28 empecei a botar de menos os guantes que si ben empezara a carreira con eles, decidira desprenderme deles cando me atopei con David entre o 7 e o 8, agora o frío era maior, os termómetros marcaban xa os 5º C e tiven que facer movementos de brazos para que entraran en calor, aquí Roberto ofreceume os seus guantes, que sabiamente conservaba, pero rexeiteinos por que a culpa de estar pasando frío era miña por ir de listo.
O frío, o vento e por suposto o cansanzo obrigounos a baixar de novo o ritmo ata os 4':45'' entre o 27 e o 39 aproximadamente, neste punto quilométrico adiantounos un grupo numeroso e decidín seguir ese ritmo, pensei que o meu compañeiro me seguía pero cando botei a vista atrás non o vin, botei outra ollada e xa estaba 10 metros por detrás, fíxome un sinal de que tirase e así o fixen.
Estes foron os momentos máis "gloriosos" da maratón, atopeime moi fresco, xa non me doía nada, foi como se o cheiro á meta me dera máis forzas, empecei a adiantar a moitos corredores, pola cabeza só me pasaban imaxes positivas empecei a lembrarme de todos os que me deron ánimos, das series nas frías noites de Pardellas, nas tiradas longas dos domingos subindo por Vilasobroso, do que sufría na subida á Picaraña... e cando xa estaba dentro do estadio que subidón!! buf!! sentíame como Abel Antón nos mundiais de Sevilla, cando entrou só no Estadio de La Cartuja na proba de maratón. Xa na recta de meta escoitei ós ánimos dende a bancada de David e Mónica, entro en meta paro o meu cronómeto e vexo un fabuloso tempo de 3 horas 8 minutos e 46 segundos. Nunca pensara realmente que podía facer un tempo así, o meu reto era rondar as 3 h. 15' que xa era un bo tempo, pero baixar en máis de 33 minutos o meu tempo da MAPOMA non entraba nas miñas previsións.


Cando me atopei con Edu fundímonos nun emocionado abrazo, agora dábame conta de por que el estaba tan efusivo na meta da Mapoma cando eu non podía case nen falar!!! como cambiou o conto!!!.
Despedímonos de Roberto e de regreso a casa aínda había corredores camiño da meta mentras a chuvia arreciaba.

A tarde domingo pasámola descansado no apartamento e recibindo chamadas e felicitacións dos taninos e amigos.

O luns tocou viaxe de regreso e esta vez a neve si fixo acto de presencia, ata pasar Burgos a estrada estaba totalmente nevada pero non tivemos problema para seguir a viaxe ata casa.

Poño fin a esta longa crónica agradecendo os ánimos e apoios de todos e todas, non só na carreira senón tamén ao longo deste periodo de preparación e sobre todo a Tino quen tiña esta carreira como obxectivo e que finalmente non puido competir, espero que se recupere pronto e que poidamos contar con el en próximos retos.

Se picades nesta ligazón se poden ver as fotos que me tiraron durante a carreira : FOTOS


Resultados da XXXI Maratón de Donostia

Eduardo: Posto 463 tempo 2 h. 59 min. 46 seg.
Xosé : Posto 714 tempo 3 h. 08 min. 46 seg.
Roberto :Posto 824 tempo 3h. 11 min. 21 seg.

Saúde e quilómertros !!!

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Noraboa a todos!!

Anónimo dixo...

O ano que ven hai que ir a esta carreira!!
Bueno, se non está tan mal tempo, tampouco pasa nada, a Subida a Dragonte, a Dragoman

Podedes ver unha crónica aquí:

http://fiurcorre.blogspot.com

Anónimo dixo...

Agardo impaciente a túa crónica e reafirmo os meus parabéns e admiración polo gran traballo que fixestes todos e polo impresionante colofón.

Que envexa tan pouca sana !!!

Fernando Abreu

Anónimo dixo...

Buff!
Case se me saltan as bágoas...
Emocionante!!
Noraboa de novo!!
anxo_tanino a tempo parcial

danis dixo...

...sabía yo que podiamos contar con vosotros para esa empresa. Sois unos cracksssss!!!
Ahora toca descansar y disfrutar de esos recuerdos y espero que pronto podais compatirlos con el resto de los taninos.

Qué bien se queda uno cuando cumple los objetivos. Felicidades y enhorabuena por vuestros maravillosos resultados.

Sois la "zapatilla a seguir"

PA TODOS LOS TANINOS (INCLUSO A PARCIAL TIME):
QUE POCO QUEDA PA LA TANINO`S CENA!!!

SAUQUI

zapatilla veloz dixo...

sólo puedo decir que lo merecéis por todo lo que habéis trabajado, porque solo se consiguen resultados si se trabaja duro.

Anónimo dixo...

zapatilla veloz dijo...
sólo puedo decir que lo merecéis por todo lo que habéis trabajado, porque solo se consiguen resultados si se trabaja duro.

Moraleja: Eu nunca conseguirei resultado algún, jeje!!

afs

Arturo Fontán dixo...

NORABOA CON MAIÚSCULAS!!!

Estou impresionado. Coa evolución que levades, xa non vexo o voso límite...

Un saúdo. Arturo Fontán.