19/10/08

Semana 11

Fitos quilométricos na Canuda

Despois do "fracaso" da fin de semana pasada, enfronteime a outra semana de adestramentos con moitas dúbidas, tal vez este sobreadestrando? non descanso o suficiente? estarei fóra de forma?. Con estas preguntas sen resposta saín o martes a adestrar. Ía con moita precaución, pretendía saír a trotar e comprobar que consecuencias me quedaban da "páxara". A medio percorrido as sensacións empezaron a ser positivas, atopábame ben, moi ben. O ritmo íase incrementando e, en compañia da nova incorporación ao grupo, Roberto, os derradeiros quilómetros foron moi rápidos, rematando case a tope. Sentíame ben.
O mércores tocaban series 15x300 entre 1'12'' e 1'04''. Tiña que refrendar a miña recuperación e ,outra vez en compaña de Roberto, fixen as series clavadas: a máis lenta en 1'08'' e a máis rápida foi a derradeira na que me exprimín ao máximo rematando en 0'58''. Destes resultados extraio valoracións positivas, agora habería que refrendalos na fin de semana que prometía dúra.
O venres fixen 57 min. progresivos rematando a tope no derradeiro quilómetro. O sábado de novo series ; 5x2000 m. e para realizalas senter que dar moitas voltas ao circuíto de pardellas, desplazámonos ata Salvaterra para facelas no paseo de A Canuda. Os tempos establecidos eran de 8'40'' a 8':00''. As catro primeiras fixémoas en 8 min. clavando todos os pasos. A quinta e derradeira apretei un chisco para rematala en 7':38'' e o mellor de todo con boas sensacións.
Domingo, día de tirada longa. Facendo a primeira hora a ritmo de 5' e rematando a 4':20'', así fixen 1 h.:43':45'' no seus 22 quilómetros.
Nin rastro de páxaras e con moi boas sensacións. E a semana pasada me deixara moitas dúbidas, esta despexounas.
A vindeira semana estará marcada pola participación na Pedestre de Santiago, unha clásica do calendario galego e que non nos podemos perder.
O meu obxectivo nesta carreira será baixar o tempo feito na edición pasada ( 52':00''), será unha semana de ter pesadelos coa costa do Vite, na que sempre me atranco, non estaría mal pasala sen excesivos sufrimentos para variar!!!!.

Saúde e quilómetros

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Buá!
Polo que leo, que forte está esta xente!!
Mete medo!!!

Anónimo dixo...

Paréceme fatal que vos adiquedes a facer grafittis numerarios no paseo da Canuda.

Xose Carrera dixo...

Amigo anónimo 2 ( que manía esta de deixar comentarios sen asinar, vou ter que impedir o acceso aos cometarios dos anónimos ) lamento que che disguste que teña marcado o paseo da Canuda,recoñezo que non é moi ecolóxico e sobre todo é pouco respetuoso co medio, espero que me disculpes xa que foi a maneira máis sinxela de marcar os quilómetros.
Bueno tampouco hai ferida que o tempo non cure e se nos poñemos moi ecoloxistas o paseo das bicicletas tamén pode ser considerado un atentado ecolóxico contra o río.

Saúdos

calcetin veloz dixo...

Corrige lo de las series porque eso de 500 metros en 1 minuto no lo hace ni.... calcetin veloz, ni zapatilla velor, ni BEKELE.

Chao

Xose Carrera dixo...

Efectivamente, non eran series de 500 m. senón de 300 m. perdón, foi un erro ocasionado pola euforia!!!

Saúdos

Anónimo dixo...

Como sempre hai de todo. Algúns máis papistas que o papa.
Se pintar un número no cemento fose para dicir tal cousa...
E que hai sobre unha construcción humana que destrúe unha zona única, na que había unha colonia de lagartos impresionante, hoxe desaparecida, obviamente, que costou máis de 300 millóns de pesetas (e a maior parte de Salvaterra segue sen depuración de augas residuais e auga potable municipal!!), cun dique que nen o Porto de Hamburgo!!??
En fin, mellor non dicir nada,

anxo