07/07/08

Javier Gómez Noya


A carreira de Leiro tivo un participante especial, o mellor triatleta do mundo: Javier Gómez Noya. Coa mirada posta nos xogos olímpicos de Pekín renunciou a participar na proba do campionato do mundo de Hamburgo e fixo un oco na súa axenda para trasladarse ata Leiro e compartir quilómetros cos corredores populares.
Ao rematar a proba, que por certo gañou quitándolle ao 2º e 3º (Elias Domínguez) máis dun minuto, e tras pasar pola ducha, estivo falando e sacándose fotos cos populares, deixando constancia da súa sinxeleza; grande na competición e aínda máis como persoa.
Aquí vos deixo unha foto que me fai unha ilusión especial, poucos atletas españois son tan claros candidatos ao ouro nos Xogos Olímpicos como o pode ser Javi Gómez Noya.
Sorte Javi!!!!

XXV Carreira Concello de Leiro

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ostias!
Quen é ese que está entre Xose e David??
En fin, agora, como sodes famosos atletas de fondo, até tedes fans e todo. Que envexa!!jeje
En fin, a dárlle!

Ah, o domingo 13 hai Debrúzate!!
www.debruzate.blogspot.com

anxo