21/07/08

Novo reto persoal.


Xa está, en breves días hai que empezar a preparar a Maratón de Donosti. Xunto con Tino e posiblemente Edu, marqueime o obxectivo de correr a segunda maratón da miña curta vida como atleta. Despois da intensa e apaixonante preparación da Mapoma agora quero vivir semellantes sensacións na segunda parte do ano. Os plans de adestramento marcan unha preparación de 17 semanas o que nos fai empezar a preparación na primeira semana de agosto. O problema vai ser a calor do verán, se se manteñen as temperaturas destes días vouno pasar mal xa que coa calor baixo moito o meu rendemento e o adestramento faiseme duro de máis, de feito estou barallando a posibilidade de tomarme uns días de descanso para empezar con máis pulos coa preparación. Con esta calor o único que apetece é ir a praia, descansar, desfrutar dos días longos, etc pero o que algo quere algo lle custa así que haberá que tomar con ganas a cousa!. Menos mal que pronto empezan os Xogos Olímpicos e me van a motivar.

Seguiremos informando.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Eu xa a estou a preparar.
Estaba preparando a de Berlín, pero cando fun inscribirme en Xuño , xa non había prazas.
A solución ó calor, é entrenar na praia ou pola costa. Eu fago isti moitas veces. e ó rematar, baño.


Fernando A.