16/05/08

Seguimos no asfalto

Mapoma, Km 25
Efectivamente, seguimos no asfalto. Despois dun breve periodo de reposo obrigado polo esforzo da Mapoma e por unha catarreira de primavera que me trae a mal vivir, voltamos con ganas renovadas a darlle á zapatilla.Esta semana só saín a correr o xoves durante 1h. 11'' en compañía de Tino e Edu. Que falta me facía "resetear" o corpo é a mente!!. Unha vez rematados os obxectivos marcados para este inverno pasado, agora hai que establecer novos retos. Para empezar a miña primeira intención será a de repetir as carreiras nas que participei no verán-outono pasado: Memorial Mario Puentes ( Praia América), Media Maratón de Pontevedra, Pedestre de Santiago e a San Martiño de Ourense ( que o ano pasado me perdín ) e por último substituír a Media de Ferrol pola Maratón de Donosti . O reto volve a ser esixente, aínda non me recuperei da Mapoma e xa estou pensando noutra!, estarei tolo? pode ser, pero que tolemia máis caralluda!!!
Estes son obxectivos de partida, o que non quita a posibilidade de acudir a outras carreiras que se me presenten polo camiño.

Saúde e quilómetros!


Ningún comentario: