09/05/08

Primerios trotes trala MAPOMA

Despois da MAPOMA: Hidratación!

Despois dunha máis que merecida semana de descanso ( do 27 de abril ao 6 de maio), reiniciei o contacto co asfalto. A verdade é que xa tiña ganas de voltar a pórme as zapatillas, de estrenar a camista da Mapoma e de compartir experiencias cos meus compañeiros de fatigas madrileñas.

Atopábame ben, non me doia nada, así que ás nove da noite, no lugar de costume, alí nos concentramos todos coas nosas camisetas fosforitas da Mapoma 2008 (había que lucilas!). Coa salvedade de Edu, que xa saira a correr aos DOUS días! de rematar a maratón, os demais non fixeramos nada ou case nada.

Corrimos polo circuíto habitual a trote suave durante unha hora, hora onde empezaron as sair as secuelas da maratón. Nin rastro dos calambres nos xemelgos, pero volvín a sentir dor no flexor da cadeira dereita ( ao día seguinte da Mapoma coxeaba pola dor que me producía o tal flexor), os" isquios" da perna dereita non era que doeran pero estaban aí incordiando.
Rematamos a carreira, estiramos e despedímonos ata o xoves. Ao chegar a casa o xeonllo esquerdo protestaba cada vez que intentaba estirar o cuádriceps.

O xoves volvimos a sair, esta vez variamos o recorrido e fomos por Angoares e Ganade, tamén unha horiña a trote suave. Sensacións: case as mesmas, o flexor molestou pero un pouco menos.
Conclusión : os esforzos páganse dalgún xeito e durante algún tempo haberá que sufrir estas molestias.

Outro tema é o da motivavión. Rematados os obxectivos, a temporada esta finalizada, e ata despois do verán non hai carreiras no meu calendario (salvo que apareza algunha por aí perto da casa) polo que o ritmo dos adestramentos ten que baixar. Seguirei saíndo dúas ou tres veces por semana a trotar e, en agosto-setembro, empezar a preparar a nova temporada con novos e motivantes obxectivos.
Sorte aos que vaian a correr a Media Maratón de Vilagarcía!!

Saúde e quilómetros!!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Non me podo crer que rematedes a tempada xusto cando empeza o verdadeiramente divertido:
Media de Coia.
Carreira de Gondomar
Carreira de S. Xoán
A da praia de Panxón
Andar e Correr de Baiona
media de Pontevedra.

Sodes un pouco vagos, de feito esperaba vervos hoxe en Vilagarcía e só vin un valente coa camiseta laranxa fosforita e non se lle notaba cansanzo de Madrid.

Pola miña parte vou recuperando pouco a pouco e mellorei respecto a vig-bay e sobre todo moi regular nos pasos de cada km. (sorpréndome a min mesmo.
Obxectivo Berlín a vista.


Unha aperta (cobardes) :-)


Fernando A.

Xose dixo...

Non me tentes non me tentes!!!
A verdade é que estou moi canso e desmotivado dende Madrid, ademais teño un catarro moi forte que non dou sacado de enriba e que me ten moi preocupado.
Pero non te vas a librar de min!: Sobre as carreiras que mencionas direiche o seguinte:


Media de Coia. Este ano teño entendido que non se fai
Carreira de Gondomar : Cádrame mal, teño unha viaxe esa fin de semanaa
Carreira de S. Xoán: Se podo vou
A da praia de Panxón: Esta é en agosto e seguro que vou, xa fun o ano pasado
Andar e Correr de Baiona : Esta xa veremos en que cadra
media de Pontevedra.: Esta segurísimo que a fago, e despois a Popular de Santiago, San Martiño e igual a Maratón de Donostia.( Por confirmar)

Saúde e quilómetros!!