16/09/13

Sexta semana. Sumando quilómetros

Primeira semana co novo horario  de adestramentos completada. Sumando quilómetros e metendo ritmos altos. 

Luns e martes rodaxes de dez e doce quilómetros respectivamente, mércores descanso merecido, para o xoves facer o adestramento de series, dúas de cinco mil metros. No papel tratábase de facelas a ritmo de 4 min/km , iso no papel por que na práctica saíume ben a primeira pero na segunda a partir do tercerio quilómetro empecei a sufrir de máis e nos derraderios cincocentos metros, os meus compañeiros de serie deixáronme  atrás pois xa non podía responder ao cambio de ritmo que fixeron. Isto deixoume un "mal corpo" pois pensaba que me atopaba mellor e non medín os esforzos na primeira serie e pagueinos na segunda, cousas de  novato! .

Sábado, rodaxe de dez quilómetros de menos a máis rematando a ritmos inferiores a 4 min/km que me serviu para quitarme o mal sabor de boca das series.

Domingo, día de tirada longa. Tocaban vinte e un quilómetros  que pretendía facelos en progresivo. Despraceime ata Ponteareas para adestar cos compañeiros de equipo e alí escollimos un circuito que combinaba monte e asfalto. Na parte de monte fíxose imposible coller un ritmo constante  e na parte de asfalto paseime de ritmo e paguieno, pois os derradeiros quilómetros se non chega ser polo apoio de Edu e José Antonio, teríame retirado ( creo que estou perdendo capacidade de sufrimento ). Ao final  fixen os vinte e un quilómetros en 1:41:00



Seguimos sumando quilómetros que é o importante para o obxectivo que xa non é outro que rematar o que será o meu sexto maratón, o de baixar das tres horas quedará para outra, agora mesmo hai que ser realista e aceptar que non chega con desexar, hai que valer, e agora mesmo non vallo para baixar das tres horas.

A vindeira semana voume de merecidas vacacións, levo as zapatillas e intención de adestrar, veremos que resulta ao final.


Saúde e quilómetros.

2 comentarios:

Arturo Fontán dixo...

Xosé Manuel, canto tempo!!! Acabo de entrar no blog de casualidade e vexo que corres en Oporto. Se non hai novidades, alí estarei para chegar á miña ducia. Os meus obxectivos como sempre máis modestos que os Taninos, pero sen deixar de sumar.
Ánimo nos adestramentos e vémonos.

XOSE CARRERA dixo...

Que tal Arturo ? xa ves seguimos coas carreiras. Despois dun ano difícil , anímome a correr outro maratón. A ver que sae desta aventura.

Vémonos