07/06/11

Seica teño que volver a escribir

A xente me di : xa non escribes, que pasa xa non corres? No, non escribo, si , sigo correndo, é a miña resposta. Por que non escribo? sinxelamente : non teño nada que contar, non hai carreiras nin obxectivos á vista e ademais fáltame inspiración.
Aproveito par facer un resumo da miña actividade físico-deportiva dende a Vig-bay . A semana seguinte desta proba fun doar sangue ( aférese para ser máis preciso ) e dígoo por que non sei s e foi a raíz disto pero entrei nun baixón físico brutal. Cada vez que saía a correr sufría, ritmos baixos, cansinos e con moito esforzo. Pensei que podía ser froito da falta de obxectivos e marqueime un: a media de Coruña pasando antes pola carreira da Agüíñas no Porriño. Nin por esas, a carreira resultou un desastre , apenas sete km. que me costaron rematar polo que tomei a decisión de non correr na Coruña ( se non estou para correr sete como vou correr vinte e un ? pensei).
Cambio de obxectivo, había que recuperar folgos. Dende esa semana saír a correr sería saír a trotar para ir recuperando sensacións, nada de carreiras, nada de series.
A principios de mes de xuño decidín regresar ao ximnasio para volver á rutina e para compensar a falta de adestramentos. E nestas estamos, se todo vai ben igual me animo a participar nalgunha carreira como na nocturna de San Xoan.

Se cadra volverei a escribir.

Saúde e quilómetros!!

Pd. O 8 de xuño celébrase a primeira "pachanga tanina" de futbol . A ver que tal se nos dá correr detrás do balón.

3 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Parece que andamos igual, Xosé. Repouso, doazón de sangue, ximnasio... Agardo estar trotando comodamente a finais de mes. Saúdos e quilómetros.

RT dixo...

Hola.

Podrias informarme de las carreras que se disputan por la zona en los proximos meses.

Me gustaria empezar a participar en alguna pero no se cuando ni donde.

Gracias anticipadas

Xose Carrera dixo...

RT podes ver as carreiras de toda Galiza na ligazón que te deixo aquí :

http://correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Se entras na web wwww.correrengalicia.org poderás ler información sobre o mundiño das carreias

Un saúdos.