06/02/11

Maratón de Sevilla, a unha semana


Pois si dentro dunha semana xa estará todo rematado, xa haberá que buscar novos retos, novos obxectivos, pero de momento vaiamos a desfrutar desta carreira. Xa temos case todo preparado para viaxe, o traslado a Lavacolla, os billetes de avión a reserva do piso, ata temos a un tanino d na cidade de Sevilla que nos vai a facer a reportaxe fotográfica moi ao seu pesar, xa que o compañeiro Anxo de seguro que desexaría máis correr no maratón que estar perseguíndonos polas rúas de Sevilla, pero unha lesión impídello, haberá outras oportunidades para resarcirse.


Con respecto a preparación deportiva esta semana que deixamos realizamos o test do 6000 m. do que todos saímos satisfeitos. No meu caso pretendía probar se estou en condicións de tentar mellorar a miña marca de 2:57:27 e saquei a conclusión de que pode ser posible aínda que non vai ser doado, vai a andar a cousa moi xusta.

Os obxectivos están xa definidos : Tista e Carlos entorno a 2:45:00 ( para ser a súa primeira experiencia coa distancia é un reto importante ) ; Edu pretende estar ao redor de 2:52:00, eu baixar a marca antes mencionada e Dani, David, Victor e Robert estarán nas 3:15:00.

O que pretendemos e desfrutar, xa sabemos que hai xente que non entende que se poda desfrutar correndo, a esa xente lle digo que proben dentro das súas posibilidades e xa verán como cambian de opinión, a desfrutar polo tanto imos a Sevilla e do que alí suceda daremos conta no seu debido tempo.


Saúde e quilómetros!!!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Dende Ponteareas imos desexarvos o mellor a tódolos Taninos e "asimilados", para que acadedes os vosos obxectivos.
Moito ánimo e sorte para todos.

Saú2 de Rama

LUIS DAVID dixo...

Hago votos para que todos cumplamos nuestros objetivos, y Jose, déjanos ser ambiciosos, que vamos a intentar hacer 3 horas 10 minutos¡¡¡.

Firmado: "el equipo de los pequeños"

Xose Carrera dixo...

Así me gusta ! con ambición ! que sexan entón 3h.: 10':00''.

Antonio Martínez dixo...

Cos mellores desexos:
1º Que todos rematedes a proba sen lesións e
2º Que todos melloredes as vosas previsións.
Darlle con forza, carallo.