18/08/10

Permiso para correr

Despois de dous meses e medio sen poñerme as zapatillas hoxe vou a sair a trotar. Visitei ao podólogo e díxome que estaba en condicións de sair a probar como respondía o pé. Levo cinco semanas seguindo o tratamento que me marcou e creo que deu resultado, polo menos xa non me doe ao camiñar.
Foi decirme que podía correr e xa marcarme un plan de regreso ao asfalto.
As indicacións que me deu o podólogo son as de empezar a trotar por superficie chá e branda, e dicir, por terra.
Hoxe farei a miña primeira saída camiño da Freixa, entre vinte e trinta minutos, pouco a pouco vou tentar coller ritmo sempre e cando a lesión non volva a dar a lata.
Tan pronto como remate esta entrada vou a pórme a roupa deportiva , calzarme as zapatillas e a ver que pasa.

Seguirei informando.

Saúde e quilómetros!!!

6 comentarios:

Tino dixo...

Noraboa e... ¡¡¡ CON CABEZIÑA!!!

Saude e Km.

Anxo F. Saborido dixo...

Iso iso, cabecinha!!! Saudos desde Norway!!!

dani´s dixo...

Cabeziña? qué é iso?

Algún tanino usa a cabeziña?


Vémonos hoxe as 9?

Xose Carrera dixo...

Boas

Os Taninos David e un servidor estamos facendo a recuperación á marxe do grupo.
Hoxe saímos ás 8:30 dende a casa de David, faremos pouco máis de 35 minutos para ir collendo ritmo.

Saúdos.

DAVID dixo...

Yo no es que haya pedido permiso para correr, pero como si lo fuera. Lo cierto es que tambien necesito empezar en "primero de correr" o más abajo si cabe, porque llevo casi 5 meses sin entrenar (lo de estar parado no me gusta en ningún sentido, je, je. Por tanto y hasta nueva orden voy a dimitir de "zapatilla veloz" y autodenominarme "zapatilla lentita"

Nos vemos en la carretera¡

Anónimo dixo...

Temos que ir pensando nos equipos da Maratón do Miño.
Espero que formemos varios e poidamos disfrutar xuntos dunha fermosa mañán de trote pola beira do Miño.

Saú2 desde Ganade