04/10/09

Sexta semana. Carreira Vigo +11



Buf! por que pouco!. Mala semana para min, todo ía moi ben, cumprindo o plan de adestramento e cada vez sentindome mellor, pero na sesión de series do mércores unha dor inesperada no abductor esquerdo obrigoume a parar na metade do adestramento. Sen aviso ningún e aos poucos metros de empezar a sexta serie ( tocaban doce) un pinchazo forte impediume seguir. Estiramentos, frío, antiinflamatorios e unha marabillosa sesión de fisioterapia conseguiron reducir os danos.


Tras este susto non adestrei o venres coa esperanza de poder participar na Vigo + 11 do domingo. Apetecíame moito correr pola rúas de Vigo, non todos os días se pode desfrutar de ter as súas rúas para poder correr.

Con moitas reservas presenteime en compaña dos Taninos na saída desta carreira. A miña intención de partida era probarme no quecemento, se tiña dor non corría. Probei e decidín sair, iso si, sen forzar, a desfrutar do recorrido.



Saída. Edu a tope dende o principio, dandoo todo coma sempre, os demais saímos máis atrás e cada un foi collendo o seu lugar na carreira. Pola miña banda quedeime con Anxo e Roberto. No Km. 2 non tiña moi boas sensacións e estaba por pararme ao pasar de novo pola alameda, pero a partir de aquí empecei a me atopar mellor.Decidín correr tendo en conta as sencacións do abductor. Anxo deixárame atrás e quedeime con Roberto. Ao pasar pola zona de Beiramar puiden contactar de novo con Anxo e por diante a 100 m. viamos a Isma, David non estaba xa ao meu alcance.
Xuntos subimos a rúa Coruña e así chegamos ata o km. 7.Na Avda. Camelias creo que atopei o meu ritmo, sempre limitado polas sensacións que me trasnmitía a zona lesionada. Tras pasar pola rúa Venezuela, chegamos á Gran Vía dende aí todo era baixar ata a Alameda e pensei poder coller a Isma, pero o abductor non me deixaba, cada vez que estiraba a perna a zona tensionábase demais. Sen forzar nadiña cheguei a meta en 48':13'' mal tempo para min por que se non fose pola lesión estou convencido de que podería facelo moito mellor pero depois do ocurrido estou encantado co realizado nesta carreira por que o importante era "non facerse dano"!.

Os resultados dos Taninos foron moi bos en xeral, cada un dentro das súas posibilidades, aínda que sempre nos queda esa sensación de que puidemos dar algo máis.

Edu: posto 55
David: posto 176
Isma: posto 231
Xosé: posto 244
Anxo: posto 272

Agora, pola miña banda toca recuperarse ben. Seguirie coas sesións de fisioterapia e cun adestramento conservador, por suposto nada de series ata que me recupere totalmente. Espero poder resacirme na Maratón por relevos de Ourense e na Popular de Santiago.


3 comentarios:

Fernando dixo...

Coidate moito Xose. As molestias nos abductores son moi incómodas. Eu andaba con algunha esta tempada pero ó non preparar velocidade foron remitindo, iso sí, fago moitos estiramentos na zoa sobre todo antes das competicións.

Francés dixo...

Hola

http://picasaweb.google.es/nenikekamen2009/Vigo11#5388844132556878834

Tu llegada en meta. Felicidades por el esfuerzo.

Saludos

Xose dixo...

Amigo Fernando: De momento as series van pasar a mellor vida. Preocúpame non recuperar ben e andar outra vez lesionado unha longa temporada. Un parón agora tampouco vén mal para descargar un pouco.