27/09/09

Quinta semana.


Polas rúas de Baiona na XXV Correr e Andar (2009)

Semana dura. Martes, 11 km; Mércores cinco series de 1000 m. entre 3:55 e 3:29 ( no meu caso, outro tema son os tempos que fai Edu quitándo 10 segundo na derradeira serei) . O venres outros 11 Km coas series aínda atragantadas nas pernas, preciso de 20 ou 25 min. para empezar a sentir as miñas pernas en condicións.

Sábado e en compañía de Edu 3 series de 2000 m. a primeira en 7:51 a segunda en 7:41 e a derradeira en 7:18 no meu caso e 7:03 para Edu. Despois dos quilómetros do día anterior non me sentía moi cómodo para facer estas series pero despois de facer o quecemento e de arrincar na primeira serie, as sensacións empezaron a ser mellores. Tentei seguir o ritmo de Edu, e así foi ata o 1500 da derradeira serie non que tiven que baixar o pistón, non daba para máis!.

Domingo en compañía e Edu e Isma saímos a facer os 18 km. establecidos. Saímos con ritmo suave e pouco a pouco fomos incrementado o ritmo, polos puntos intermedios apenas levababamos un retraso dun minuto con respecto a miña "escapada" da semana pasada. Ao chegar á zona de terra incrementei o ritmo e Isma non puido seguirnos. Na subida ao Cabalón (Angoares) sufrín moito pero unha vez que chegamos á baixada, tomei folgos e volvín a incrementar o ritmo para ramatar o derradeiro quilómetro a tope. Este quilómetro fixémolo por debaixo de 4 minutos.

A vindeira semana ao ser previa dunha competición ( Vigo+11 ) vai ser un pouco máis suave, tendo como día máis esixente as series do mércores ( 12x300) .
Polas rúas de Vigo comprobaremos os nosos progresos.


2 comentarios:

zapatila veloz dixo...

Y efectivamente, en la Vigo+11 queremos verte. Asi que ya sabes, a recuperarse de ese pinchazo en las series del miércoles.

Tu puedes¡

Xose dixo...

A miña participación periga na carreira Vigo+11 , por unha inesperada contractura no abductor esquerdo.
Tras unha sesión de fioterapia e aplicación de anti-inflamatorios estou bastante mellor.
O domingo decidirei no quecemento se estou para trotar por Vigo.