19/08/09

Obxectivo : 38' en 10 KM.

Entusiasmado polos mundiais de atletismo tomei a decisión der ser ambicioso na nova temporada. Vou tentar baixar e 38 minutos nos 10 quilómetros, concretamente na Carreria de San Martiño alá por mediados de novembro.

Sei que é un obxectivo esixente para min, a miña mellor marca na distancia é de 39':20'' no pasado ano ( II edición da carreira da Cidade Universitaria de Vigo), pero é unha proba que nunca preparei. Sempre fixen plans de adestramento para medias-maratóns ou para maratóns pero non para 10 Km.

O plan a seguir será o que proporciona a revista Runners. Conto coa experiencia de preparar outras carreiras con estes plans é saquei a conclusión de que son axeitados, así que por aí non vai haber problemas. Os problemas poder vir en forma de lesións ou que simplemente eu non podo chegar a ese tempo, pero por intentalo non vai ser.

O plan é de 12 semanas e calculando que a carreira de San Martiño este ano caia polo 15 de novembro temos que empezar co plan a vindeira semana con cinco sesións semanais, na que se intercalan sesións de series curtas e longas coas rodaxes. A isto sumereille as sesións de pesas que todo plan aconsella e que levarei a cabo no ximnasio.

Nesta aventura tamén conto cos taninos David, Edu, Dani e posiblemente Sito, algún tanino retirado ou "desaparecido" se apunta ao reto?

Xa teño obxectivo e polo tanto tema novo para darde vida este blog. Seguiremos informando


8 comentarios:

Tino dixo...

Anxo, creo que falan de ti, jajaja

Unha aperta

Xose Carrera dixo...

Anxo! quen é este tal Tino? jeje

Anónimo dixo...

Ummm...quen é ese Anxo???
Son eu!!!!!jajajaja!!!E non ten mala pinta ese reto...pero a axenda non sei se me permitirá chegar sequera aos 40 minutos!!!! A miña mellor marca é 42,20h creo recordar en Porriño...falamos!

Xocas dixo...

Un reto ambicioso, ¡como ten que ser! Moita sorte e saúde. Seguro que o acadas.

chupete´s dixo...

OBJETIVO ASEQUIBLE!!!
VAMOS A POR LOS 37 Y 58".
CUENTA CONMIGO.
CUANDO EMPEZAMOS EN SERIO?
RECORRIDOS HABITUALES, SERIES, TIRADAS LARGAS? Y SOBRE TODO A LAS 9:00 DONDE SIEMPRE?
(PARA MI ANTES ES IMPOSIBLE)

Xose Carrera dixo...

Tanino Chupete's! empezamos xa! este martes primeira cita no lugar de sempre ás 9 entón.

O plan a seguir é o mesmo que o do ano pasado.

A por todas!!

Chupete´s dixo...

okkkk!!!!

Vémonos o martes!!!
saudos e km (canto tempo sen dicir isto).

ZAPATILLA VELOZ dixo...

QUE YO TAMBIEN QUIERO¡