10/05/09

Experiencias no ximnasio

Pois ben, xa me anotei a un ximnasio e xa chegaron as primeiras maniotas. Esta semana fun dúas veces ( non penso ir máis veces por semana, creo que é suficiente para o que busco) e a experiencia en principio hai que valorala cun aprobado raspado.

Despois de explicarlle ao monitor o por que de meterme nun xinmasio indicoume que para quentar os músculos era convinte empezar por unha sesión de eliptica. Foron 15' e despois empezamos cos aparellos de pesas, tres de pernas e cinco de brazos, para rematar con 10' de "steps". Ao sair do "gym" xa tiña a impresión de que me pasara co peso e as series. Os brazos parecían ter vida propia e non obedecían ás miñas ordes. Ao día seguinte apareceron as maniotas sobre todo nos biceps e triceps. No día seguinte a cousa púxose peor, tiña os biceps tan contraídos que era incapaz de estirar os brazos, estaba tan mal que ese día tiven que suspender o adestramento de carreira. Non era isto o que buscaba no ximnasio, eu non me quero pór "cachas" só quero fortalezer as pernas e os brazos!.

Na seguinte sesión volvín a falar co monitor que como supuxen non estaba ao tanto do que un corredor precisa. Están acostumados a que se lles pida "facer músculo" que se pode decir que "lle rachei os esquemas". Despois da charla empezamos de novo a sesión, eliptica e máquinas pero esta vez moito mási traballo de pernas que de brazos. De todos os xeitos creo que nos volvimos a pasar coas repeticións.

Consecuencias da primeira semana de pesas : estou pesadísimo, as dúas veces que sain a correr costoume coller ritmo. Isto estaba previsto, é lóxico que ao facer traballo específico de musculación se perda velocidade. Polo que estiven lendo en internet é un efecto "necesario" ademais irei gañando peso polo aumento da masa muscular. Cando me vaia achegando ao meu reencontro coas carreiras terei que ir baixando sesións de musculación.

Seguiremos informando.

1 comentario:

Fernando dixo...

Ola Xose:
Ir ó ximnasio é un bó complemento ós adestramentos, pero so si se fai con xeito. O tipo de traballo que o meu adestrador me ten mandado no ximnasio sempre é de series de 15 repeticións (3 ou 4) e con pesos baixos. Trátase de fortalecer pero sen que crezcan moito os músculos. E por último, as semanas que teñas competición non fagas pesas. É moi bó o traballo de elíptica e o remo.

Ánimo co ximnasio e vémonos correndo.
Unha aperta