30/09/08

Semana 8. Dous equipos enteiros e un tolo solto. 37 de febre.





Primeiro desculpas pola tardanza en actualizar o blog, na miña desculpa decir que o luns estiven con febre e tiven que abandonar o meu posto de traballo, de feito hoxe escribo dende a casa antes de reincorporarme ao traballo.
A crónica semanal está marcada pola participación dos taninos na II maratón do Miño en Ourense. Despois de adestrar martes,mércores e xoves o domingo desprazámonos ata a cidade das Burgas dous equipos de relevos e un tolo disposto a facer a maratón enteira el soíño.
Saímos de Ponteareas ás 7:15 para chegar a Ourense sobre as 8. Despois dos preparativos pertinentes nos diriximos ata a praza maior onde daría a saída á Maratón.
Ás nove en punto deuse a saída, alí estaban David do primeiro equipo, Anxo compoñente do segundo e Edu que saía para facer a maratón enteira. Mentres estes facían os primeiros quilómetros os demais nos desprazamos ata o lugar do primeiro relevo no quilometro 14. David foi o primeiro en aparecer dándome o relevo a min, a seguir pasaría Edu e despois Anxo que lle daría o relevo a Borja.
A min tocume facer todo o circuíto do Miño. Nada máis darme o relevo David os primeiros metros eran de subida polo que tratei de saír tranquilo sen cebarme e regulando. Cando rematou a subida xa empecei a coller ritmo e a adiantar a corredores que facían a Maratón enteira e tamén a un par de relevistas. Despois de pasar a Presa de Velle por detrás cóllenme dous relevistas ( creo que pertencían a equipos de Lugo), xuntos fixemos toda a beira esquerda do Miño ata as termas e Outariz, o ritmo era bo , ou iso pensaba, ao chegar ás Termas do Muíño da Veiga quedeime só descolgando aos meus compañeiros. Nas Termas da Chavasqueira adiantoume un relevista doutro equipo que ía facendo unha progresión bestial, pasoume de tal xeito que aínda que puidera engancharme a el, sería imposible seguilo. De aí a entregar o relevo a Tino foi cando me din conta de que o ritmo que levaba non era o previsto, a case inexistencia de carteis que indicasen os pasos quilométricos impedíame controlar os tempos de paso, contaba facer menos de 58' e rematei facendo 59':24''. Entreguei o chip a Tino, repuxen líquidos e esperamos o paso de Edu e ao relevo de Dani a Borja. Unha vez que pasaron fomos xa para a liña de meta pasando antes por debaixo da ponte romana para animar a Edu e Dani. Edu levaba xa 32 quilómetros!!!.
Na zona de meta tomamos posicións para ver a chegada dos corredores. O primeiro foi Tino que chegou cunha sensacións semellantes ás miñas. Despois entrou Edu en menos de 3 h. 10', nuns minutos fixo a súa aparición Dani.
Os resultados finais pódense ver nesta ligazón : II Maratón por relevos ; II Maratón Individual .

Equipo A : David , Xosé e Tino posto 17
Equipo B: Anxo, Borja e Dani posto 39
Edu : Posto 11 na Maratón individual 3h. 09' 09''

Unha vez nas duchas do pavillón dos Remdios entre os corredores fálase da posibilidade de que o circuíto tivese máis quilómetros debido ás obras no circuíto do Miño e que fixeron desviar a carreira. No xornal de "La Región" na edición do luns 29 recoñecíase este dato polo que aínda é máis relevante o tempo que fixo Edu. Esta claro que se lle respetan as lesións o obxectivo de baixar de 3 horas en Donosti é posible.

A xornada deportivo-festiva continuou cunha comida en Ourense, unha sesión de "terrazing" , uns baños nas Termas de Muiño da Veiga e uns bocatas de xamón na Cañiza.
Non sei a consecuencia de que pero pasei unha moi mala noite e o luns con febre, isto vaime a obrigar a baixar o número de adestramentos desta semana.

Para finalizar gustaríame que cada un dos corredores e acompañantes, na medida do posible , deixase a súa impresión desta xornada nos comentarios.

Saúde e quilómetros!!

Nota: as fotos atopeinas no foro de correrengalicia.org e na web da carreira.

3 comentarios:

danis dixo...

O primeiro de todo felicitar ó tanino Edu por esa gran carreira en solitario con un gran tempo (en 43 km) e tamén non nos podemos olvidar de "calcetín veloz" que fixo unha primeira parte moi moi boa de relevos no seu equipo.

En particular as sensacións foron muy malas, nin estiven a gusto co meu ritmo, nin coas sensacións da carreira, nin coa organización, incluso estaba a disgusto co meu pulsómetro polos datos que reflexaba. Paseime case toda a carreira pensando que tiña mal o pulsómetro ou que había tomado mal os tempos de referencia na saida...ou que calculaba mal os km que levaba, non sabía que carallo pasaba pero os tempos eran malisisisismos!!!


Despois de pensar durante todo o domingo, cheguei a conclusión de que teño que darlle os meus calcetíns a David para que lles vote a poción e colores máxicos para poder estar a altura das circunstancias.
Cos meus calcetins standard non podo facer nada importante.


P.D.- rdos pos TANINOS e pretendientes...

Anónimo dixo...

anxo dixo

Pois eu só quero dar(me) a noraboa a todos!
A Xose polo fantástico post que ven de publicar. A febre non te desmerece!!

A Edu-Super-Man por non ter cabeza e mantela fría a pesar de todo! Son moitos quilómetros...Máis dos regulamentarios!

Ao meu equipo por compensar o meu regular tempo. Eu acabei, como xa dixen, descontento. Aprendo coas carreiras e como me dixo Dani, se intentase coller un ritmo mellor, igual aguantaba e se non, pois rompes e punto. Unha para aprender...

A Borja e Dani noraboa tamén, aínda que creo que o calor foi influíndo progresivamente.

Ao outro super-equipo, que dicir do relevo de David? Menos mal que non había control antidoping, jeje, porque eses calcetíns, claro está, que teñen algo.

A Xose, as costas (que costas?)puideron con el, jiji.

E Tino, con problemas técnicos, tamén moi ben, aínda que seguramente, noutras circunstancias, cun circuito con puntos de referencia lóxicos, fixese un moito mellor tempo.

E nada máis, eu sigo no equipo dos pretendientes, jeje, á espera de que cheguen as pretendientas femeninas.

Sección de féminas xa!!
TANINAS TEAM!!

Falamos!

calcetin veloz ¿rosita? dixo...

Antes de nada felicitar a todos los integrantes del Taninos (también a Borja y a Anxo que ya casi lo es por derecho propio -sólo falta la rotulación de la camiseta y ya está-)por su participación y por dejar bien alto el pabellón. También nuestros acompañantes se merecen un aplauso, aunque fueron correspondidos con una buena jornada de eventos paralelos (comida, termas)que ayudan a que los madrugones sean más llevaderos.

Y ahora por alusiones: Si unos fifan algas, otros brebajes, otros té rojo, ¿es que yo no puedo fifar a través de tintar mis calcetines de color "rosita veloz"?

Saludos para todos y nos vemos en la carretera, a la espera de ese cordero "made in Eduardo".